Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Rescate dun can de raza labrador na parroquia de Ribeira, no termo municipal de Ribeira

Rescate dun can de raza labrador na parroquia de Ribeira, no termo municipal de Ribeira

Rescate dun can de raza labrador na parroquia de Ribeira, no termo municipal de Ribeira

     Ribeira.-21/06/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Subparque de Bombeiros do Barbanza interviñeron no rescate dun can que resultou atrapado pola cabeza nunhas pedras na parroquia de Ribeira, no concello de Ribeira.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente atopáronse cun can de raza labrador que estaba atrapado pola cabeza entre dúas pedras de gran peso. O seu labor consistiu en liberar o animal.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e pick-up. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Policía Local, Voluntarios de Protección Civil e do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar