Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > O Consorcio >

Presentación

Ata o ano 1998, en Galicia só existían sete parques de bombeiros, situados nas grandes cidades e de xestión municipal. Esta situación denotaba a precariedade do servizo contra incendios e de salvamento, dado que a cobertura limitábase a área das grandes cidades. Máis do 64% da poboación galega, en materia de salvamento e rescate, dependía das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. As Agrupacións de Voluntarios demostraron, e seguen demostrando, unha gran profesionalidade e un alto grado de preparación o que, sumado ó apoio dende a Xunta de Galicia coa cesión de vehículos, equipos de rescate, comunicacións, material contra incendios, etc, fixo posible que se cubriran moitas das necesidades da emerxencia cotiá.

O aspecto negativo radicaba na gran dependencia que existía do voluntariado, presentándose dificultades para cubrir as 24 horas. A creación dos 62 GRUMIR, con moito persoal procedente das A.V.P.C. veu a dar certa estabilidade, pero aínda había un gran problema de continuidade no tempo.

Finalmente, a fórmula elixida na nosa Comunidade Autónoma para extender o Servizo Contra Incendios e de Salvamento a máis das tres cuartas partes do territorio e poboación galegos, integrando a todas as administracións implicadas, foi a do “Consorcio Contra Incendios e de Salvamento” (fórmula prevista na Lei de Administración Local de Galicia), surxindo así o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña. Coa creación do devandito organismo preténdese ofrecer unha cobertura integral antes as situacións de emerxencia, tanto dende o punto de vista territorial como poboacional, nos concellos da nosa Provincia.



enviar a un amigo Enviar