Ordes.-08/06/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura do concello de Ordes.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cunha colisión entre un turismo e un camión. O seu labor consistiu na excarceración dunha persoa que resultara atrapada como consecuencia do accidente e na limpeza da estrada dos restos dos automóbiles.
Ata o lugar do accidente desprazáronse un sarxento xefe de parque, un cabo xefe de quenda, catro bombeiros e os vehículos autobomba urbana e pick-up. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil, da Garda Civil de Tráfico, do GRUMIR, do 061 e do H-3. Unha vez rematado o servizo, recolleron o material empregado e regresaron á súa base, quedando de novo operativos.