Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Moreda e Rueda defenden o consorcio de bombeiros

Moreda e Rueda defenden o consorcio de bombeiros

Rueda, á  esquerda, e Moreda, diante do novo camión de bombeiros

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e o presidente da Diputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, defenderon a xestión dos parques comarcais de bombeiros a pesar das últimas protestas por lograr un servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento ó considerar que os servizos esenciais non deberían xestionarse de forma indirecta. Nese sentido, Fernández Moreda afirmou que «los diez parques de bomberos funcionan perfectamente» e que a inversión total nas instalacións de Arteixo supera o millón e medio de euros.

Pola súa parte, o conselleiro tamén defendeu o actual sistema e definiuno como «pionero en España». Alfonso Rueda aclarou que se trata dun «servizo público porque o control lle corresponde á Administración». Ademais, tamén coincidiu con Moreda en afirmar que todos os parques «funcionan perfectamente». Nese sentido, Rueda asegurou que «merece a pena apostar por este sistema», e así o avalan os dez anos de experiencia.

Outro dos aspectos que quixo destacar Rueda foi a colaboración entre administracións, neste caso Xunta e Diputación, que «demostran a viabilidade da fórmula».

Tamén fixo mención á finalización dos parques de Lugo e Ourense: «Unha vez que estea completo o servizo o máximo dos desprazamentos serán 20 minutos en calquera punto de Galicia», afirmou. Con estas palabras, tanto Rueda como Moreda intentan rematar coas protestas dos bombeiros.

O motivo da presenza de Moreda e Rueda no parque comarcal de Arteixo foi a presentación dun camión cunha escaleira que permitirá alcanzar os 32 metros de altura e que ten un coste de 500.000 euros. Durante a presentación tamén estiveron presentes a alcaldesa, Pilar Souto, e o delegado provincial, Diego Calvo.

O vehículo chega un par de semanas despois de que os bombeiros de Arteixo se desprazasen a Cambre para efectuar unha poda de pólas e tivesen que pedir a colaboración do parque de Betanzos porque non dispoñían do vehículo necesario para efectuar o servizo.


enviar a un amigo Enviar