Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > XI Edición da Semana da Prevención de Incendios

XI Edición da Semana da Prevención de Incendios

XI Edición da Semana da Prevención de Incendios

     O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bomberos (APTB) organizan a XI Edición da Semana da Prevención de Incendios.

     A Semana da Prevención de Incendios é un programa de sensibilización que ten por obxectivo divulgarlle á poboación en xeral coñecementos de autoprotección. É necesario saber os riscos que poden presentarse no noso contorno: fogares, colexios, centros de traballo, etc., así como adquirir os coñecementos necesarios para saber cómo actuar en caso de emerxencia.

     Nesta edición, a temática da Semana xirará en torno ós riscos no fogar. O público escolar seguirá sendo unha das nosas máximas prioridades, aproveitando que este trimestre coincide co comezo do curso, realizaranse talleres de prevención de incendios, para que os máis pequenos adquiran hábitos preventivos, convertíndose, á súa vez,en educadores no seu contorno familiar. Tamén se organizarán actividades dirixidas a toda a sociedade, facendo unha especial énfase na prevención para comunidades de veciños e no pequeno comercio, xa iniciadas no ano anterior.    
    
     Na seguinte ligazón pódese acceder ó documento coa información completa:

Listaxe de descargas


enviar a un amigo Enviar