Tordoia.-30/08/2012 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun incendio nun vehículo acontecido á altura de Fontesalgueira, Parroquia de Anxeriz, Concello de Tordoia.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo ardendo preto dun monte, na estrada que vai de Entrecruces a Anxeriz. O seu labor consistiu na extinción do incendio.
Ata o lugar desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Garda Civil de Carballo xunto cun axente, cuadrilla e motobomba forestais. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.