Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia de Alón, no concello de Santa Comba

Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia de Alón, no concello de Santa Comba

Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia de Alón, no concello de Santa Comba

     Santa Comba.-16/10/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Xallas-A Barcala interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Alón, no termo municipal de Santa Comba.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo que estaba ardendo, que previamente sofrira unha saída da vía e chocara contra un poste de formigón do tendido eléctrico. O seu labor consistiu en sufocar o incendio e na limpeza da estrada dos restos do automóbil.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Santa Comba, da Garda Civil de Tráfico de Corcubión e persoal do GRUMIR de Santa Comba. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar