Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no termo municipal de Oleiros

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no termo municipal de Oleiros

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no termo municipal de Oleiros

     Oleiros.-06/06/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura do concello de Oleiros.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse con dous vehículos implicados, un no medio da estrada e outro fóra da vía. O seu labor consistiu en colaborar no rescate dos feridos e en limpar a estrada dos restos dos automóbiles.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e pick-up. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil, da Garda Civil de Tráfico e do S.M.P.C. de Oleiros. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar