Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Santa María de Gonzar, no c

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Santa María de Gonzar, no concello do Pino

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Santa María de Gonzar, no concello do Pino

     O Pino.-31/05/2011 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Arzúa interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Santa María de Gonzar, no termo municipal do Pino.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse con que o condutor dun tráiler que transportaba botellas de auga estaba atrapado na cabina do mesmo. O seu labor consistiu no seu rescate.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un un sarxento xefe de parque, un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e un vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros do Consorcio, tamén participaron na intervención efectivos da Garda Civil, da Garda Civil de Tráfico e do Corpo de Bombeiros de Santiago. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar