Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Saída de vía na parroquia de Piadela, no concello de Betanzos

Saída de vía na parroquia de Piadela, no concello de Betanzos

Saída de vía na parroquia de Piadela, no concello de Betanzos

     Betanzos.-26/05/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Piadela, no termo municipal de Betanzos.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse co vehículo fóra da vía, entre a maleza. A condutora e única ocupante xa conseguira saír do automóbil, así que o seu labor consistiu en atender á vítima ata que chegou asistencia sanitaria.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e un vehículo autobomba urbana. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar