Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Simulacro de evacuación no C.E.I.P. Mesón do Vento

Simulacro de evacuación no C.E.I.P. Mesón do Vento

Simulacro de evacuación no C.E.I.P. Mesón do Vento

     Ordes.-09/05/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes levaron a cabo un simulacro de incendio no C.E.I.P. Mesón do Vento, situado na parroquia de Ardemil, no concello de Ordes.

     Simulouse un incendio na biblioteca e, como consecuencia, a evacuación e reconto do persoal do centro. O labor dos bombeiros consistiu en simular a extinción do suposto incendio. Deseguido ensináronlles o vehículo autobomba nodriza ós alumnos de infantil, tratando de inculcarlles o uso do 112 (Centro de Coordinación de Emerxencias).

     Ata o lugar desprazáronse un sarxento xefe de parque, tres bombeiros e os vehículos autobomba nodriza e pick-up. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Policía Local e do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar