Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Incendio nun edificio situado na rúa Río Sil, nº 34, no termo municipal de Carbal

Incendio nun edificio situado na rúa Río Sil, nº 34, no termo municipal de Carballo

Incendio nun edificio situado na rúa Río Sil, nº 34, no termo municipal de Carballo

     Carballo.-28/03/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron nun incendio nun edificio situado na rúa Río Sil, nº 34, no Concello de Carballo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, foron informados pola Policía Local de que o indendio xa estaba extinguido, pero había moito fume nas escaleiras do edificio. O lume producírase no cadro eléctrico da construción. A súa intervención consistiu en ventilar o inmoble e en asegurarse de que o lume fora sufocado por completo.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un sarxento xefe de parque, un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e un vehículo autoescaleira. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Policía Local e do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar