Carballo.-27/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños abriron a porta dun piso situado na rúa Tarragona, no termo municipal de Carballo.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, achegáronse ata a ventá da habitación do propietario do inmoble empregando o vehículo autoescaleira, observando un señor deitado na cama de lado. Golpearon a ventá para chamar a súa atención, pero éste nin se inmutou. Abriron un pouco a ventá e chamárono, pero non lles contestou, polo que agardaron a que o xuíz lles dera autorización para poder acceder á vivenda. Chegado o momento, abriron a porta.
Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e un vehículo autoescaleira. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil e persoal sanitario do 061. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.