Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Excarceran á condutora dun vehículo no Concello de Oroso

Excarceran á condutora dun vehículo no Concello de Oroso

Excarceran á condutora dun vehículo no Concello de Oroso

     Oroso.-31/01/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes participaron na excarceración dunha persoa atrapada como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido no Concello de Oroso.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, atopáronse cun vehículo cunha perosoa atrapada (condutora) no seu interior. A súa intervención consistiu en liberar á vítima, prendida pola perna esquerda contra un asento do automóbil. De seguido, unha vez retirado o coche polo guindastre, limparon a estrada dos restos do auto, aceite e gasóleo.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar