Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Excarceración como consecuencia dunha colisión entre un camión e un turismo na

Excarceración como consecuencia dunha colisión entre un camión e un turismo na parroquia de Guísamo, Concello de Bergondo

Excarceración como consecuencia dunha colisión entre un camión e un turismo na parroquia de Guísamo, Concello de Bergondo

     Bergondo.-18/12/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos excarceraron unha persoa como consecuencia dun accidente de tráfico rexistrado na estrada N-VI, en dirección á Coruña, á altura da parroquia de Guísamo, no Concello de Bergondo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, unha vez no punto, observaron unha colisión entre un turismo e un camión, cunha persoa atrapada dentro do turismo. Procederon á estabilización do mesmo e á extracción do accidentado, permanecendo no punto ata a retirada do vehículo, momento no que fixeron unha limpeza da vía.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e un vehículo pick up. Ademais dos bombeiros, tamén estiveron presentes no punto membros da Policía Local, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e Urxencias Médicas. Rematada a intervención, os bombeiros regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar