Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha granxa porcina no lugar de Soutullo, parroquia de San Martín de

Extinguido un incendio nunha granxa porcina no lugar de Soutullo, parroquia de San Martín de Calvos de Sobrecamiño, Concello de Arzúa

Extinguido un incendio nunha granxa porcina no lugar de Soutullo, parroquia de San Martín de Calvos de Sobrecamiño, Concello de Arzúa

     Arzúa.-16/12/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Arzúa extinguiron un incendio nunha granxa porcina no lugar de Soutullo, parroquia de San Martín de Calvos de Sobrecamiño, Concello de Arzúa.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, unha vez no lugar, extinguiron e ventilaron o módulo da nave que estaba ardendo. Despois de ventilar, fixeron medicións de temperatura e gases empregando unha cámara térmica e un explosímetro, respectivamente. Unha vez rematada a intervención e recollido o material, regresaron á súa base.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén se persoaron no lugar efectivos da Garda Civil e do GRUMIR. Cabe destacar que no incendio pereceron varios animais da granxa.


enviar a un amigo Enviar