Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > ANUNCIO INFORMACIÓN PÚBLICA MEMORIA SOBRE DETERMINACIÓN FORMA DE XESTIÓN

ANUNCIO INFORMACIÓN PÚBLICA MEMORIA SOBRE DETERMINACIÓN FORMA DE XESTIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS, E SALVAMENTO.

O Pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, en sesión de 12 de abril de 2019, adoptou o acordo de tomar en consideración e someter a información pública a “Memoria sobre os aspectos sociais, xurídicos, económicos, técnicos e financeiros respecto da xestión do Servizo de extinción de incendios e salvamento” determinando como forma de xestión máis sostible e eficiente, de entre as previstas no artigo 85.2 LBRL, a xestión directa mediante persoal propio do Consorcio.

O expediente, que inclúe a MEMORIA e os seus ANEXOS, poderase consultar nas oficinas do Consorcio, sitas na Rúa Bronce, Parcela G2, do Polígono Industrial de Bértoa, no Concello de Carballo, durante o prazo de 30 días naturais, a partir do seguinte ao da última publicación deste Anuncio no BOP, Taboleiro de Anuncios e Páxina web do Consorcio. Particulares e entidades poderán presentar alegacións e observacións á Memoria, dentro do citado prazo e por calquera dos medios previstos na lei.

En Carballo, na data que figura á marxe.

O presidente,

Valentín González Formoso

Listaxe de descargas


enviar a un amigo Enviar