Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Vehículo volcado con dous atrapados no Concello de San Sadurniño

Vehículo volcado con dous atrapados no Concello de San Sadurniño

Os bombeiros tiveron que excarcerar dúas persoas que quedaron atrapadas no interior do turismo no que circulaban

San Sadurniño.-29/11/2010 Varias persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico acontecido en Vilachá, lugar da parroquia de Santa Mariña do Monte, Concello de San Sadurniño. O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia alertou ós efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de As Pontes-Eume, que de inmediato se mobilizaron ata o lugar do incidente. No lugar do sinistro atopábanse o 061 e a Garda Civil de Tráfico, os cales xa rescataran ás víctimas do asento traseiro. Nos asentos dianteiros quedaban outras dúas persoas, ás que tiveron que excarcerar. Unha vez finalizada a intervención e recollido o material empregado na excarceración, limparon a estrada, para a continuación retirarse á súa base, dando por rematado o operativo.


enviar a un amigo Enviar