Lousame.-04/12/2012 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido no lugar de Portobravo, no termo municipal de Lousame.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cunha saída de vía dunha grúa, chocando, como consecuencia, co muro do Concello. No vehículo había unha persoa atrapada, polo que a súa intervención consistiu na excarceración do ferido e na limpeza da estrada dos restos do accidente.
Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros dos corpos da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico, persoal do 061, Voluntarios de Protección Civil de Lousame e o SMPC de Noia. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.