A Pobra do Caramiñal.-10/11/2012 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza extinguiron un incendio nun baixo na rúa Rafael Dieste nº 11, parroquia de Pobra, no Concello da Pobra do Caramiñal.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio nun baixo sen vítimas nin mercadorías perigosas. O seu labor consistiu en sufocar o incendio e en enfriar e ventilar o inmoble.
Ata o lugar do incidente desprazáronse dotacións do Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil, Policía Local e Voluntarios de Protección Civil da Pobra. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.