Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico acontecido na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha

Accidente de tráfico acontecido na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha

Accidente de tráfico acontecido na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha

     Laracha.-25/03/2012 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Soandres, no termo municipal da Laracha.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun accidente frontolateral entre  dous vehículos. A consecuencia do impacto, un dos automóbiles envorcou por completo. O seu labor consistiu en axudar a evacuar a un dos feridos ó helicóptero do 112 para o seu traslado ó CHUAC e na limpeza da estrada dos restos do accidente.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico, persoal do 061 de Carballo, Voluntarios de Protección Civil da Laracha e o helicóptero do 112 Galicia. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necearios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar