Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico na parroquia da Lagoa, no Concello de Vimianzo

Accidente de tráfico na parroquia da Lagoa, no Concello de Vimianzo

Accidente de tráfico na parroquia da Lagoa, no Concello de Vimianzo

     Vimianzo.-23/09/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros da Costa da Morte interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia da Lagoa, no termo municipal de Vimianzo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun turismo envorcado lateralmente do lado do copiloto. No interior do vehículo atopábase unha persoa atrapada polas pernas e estaba a ser atendida por un técnico do 061. O seu labor consistiu na excarceración da vítima para que puidera ser atendida polo persoal sanitario.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Policía Local de Vimianzo, da Garda Civil de Tráfico de Corcubión, do GRUMIR de Vimianzo e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar