Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico na parroquia de Tiobre, no Concello de Betanzos

Accidente de tráfico na parroquia de Tiobre, no Concello de Betanzos

Accidente de tráfico na parroquia de Tiobre, no Concello de Betanzos

     Betanzos.-14/09/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido na estrada N-651, á altura da parroquia de Tiobre, no termo municipal de Betanzos.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun camión envorcado na estrada cunha fuga de combustible. O seu labor consistiu en deter a fuga de carburante e na limpeza da vía dos restos do automóbil.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana, nodriza e pick-up. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, do GRUMIR e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar