Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha vivenda abandonada na rúa Portugal, no concello de Ribeira

Extinguido un incendio nunha vivenda abandonada na rúa Portugal, no concello de Ribeira

Extinguido un incendio nunha vivenda abandonada na rúa Portugal, no concello de Ribeira

     Ribeira.-29/07/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Subparque de Bombeiros do Barbanza extinguiron un incendio nunha vivenda abandonada situada na rúa Portugal, no termo municipal de Ribeira.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que o lume afectaba a vivenda na súa totalidade, co risco de alcanzar os inmobles lindeiros. O seu labor consistiu en sufocar o incendio.

     Ata a zona desprazáronse dous bombeiros e os vehículos autoescada e autobomba nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros do Corpo da Policía Local, da Policía Nacional e do GRUMIR de Ribeira. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar