Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Paiosaco, no termo municipal da Laracha

Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Paiosaco, no termo municipal da Laracha

Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Paiosaco, no termo municipal da Laracha

     A Laracha.-16/07/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base nos Parques de Bombeiros de Arteixo e Bergantiños extinguiron un incendio nun alpendre situado na parroquia de Paiosaco, no concello da Laracha.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio nun pendello cheo de madeira e cascallo. O lume tiña unha gran dimensión, co risco de alcanzar os inmobles lindeiros. O seu labor consistiu en sufocar o incendio.

     Ata a zona desprazáronse efectivos e vehículos dos Parques de Bombeiros de Arteixo e Bergantiños. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil, Voluntarios de Protección Civil e persoal do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar