Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no termo municipal de Aranga

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no termo municipal de Aranga

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no termo municipal de Aranga

     Aranga.-20/06/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura do concello de Aranga.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo envorcado lateralmente na mediana da estrada, enriba da perna dunha persoa. O seu labor consistiu en estabilizar o automóbil e en liberar á vítima atrapada.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e un vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico, do 061 e persoal de mantemento de autoestradas. Unha vez rematadas as tarefas de rescate, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar