Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Viñas, no concello de Pader

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Viñas, no concello de Paderne

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Viñas, no concello de Paderne

     Paderne.-27/04/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Viñas, no concello de Paderne.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse co condutor do automóbil atrapado no interior do mesmo a consecuencia do accidente. O seu labor consistiu no rescate do condutor, para que puidera ser atendido polo persoal sanitario. A continuación, limparon a estrada dos restos do auto.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e un vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención efectivos da Garda Civil de Tráfico, Voluntarios de Protección Civil, GRUMIR de Betanzos, SMPC de Bergondo, 061 e Atestados. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar