Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Incendio nunha vivenda na parroquia de Baio, no termo municipal de Zas

Incendio nunha vivenda na parroquia de Baio, no termo municipal de Zas

Incendio nunha vivenda na parroquia de Baio, no termo municipal de Zas

     Zas.-17/04/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Xallas-A Barcala extinguiron un incendio nunha vivenda situada na parroquia de Baio, no Concello de Zas.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que o que estaba a arder era o baixo do inmoble. A súa intervención consistiu en sufocar o incendio e na ventilación do local. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

     Ata o lugar do incendio desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil, do GRUMIR e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar