Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Persoa atrapada debaixo dun tractor no Concello de Dumbría

Persoa atrapada debaixo dun tractor no Concello de Dumbría

Persoa atrapada debaixo dun tractor no Concello de Dumbría

     Dumbría.-13/04/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros da Costa da Morte liberaron unha persoa atrapada como consecuencia dun accidente acontecido no termo municipal de Dumbría.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cunha persoa atrapada por un tractor. A súa intervención consistiu en liberar á vítima.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e un vehículo autobrazo. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Garda Civil, Voluntarios de Protección Civil e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar