Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na estrada N-550, á altura do Concello de O

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na estrada N-550, á altura do Concello de Ordes

     Ordes.-06/04/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes interviñeron nun accidente de tráfico acontecido na estrada N-550, á altura do termo municipal de Ordes.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse co vehículo fóra da vía. O seu labor consistiu no rescate do condutor, que resultou atrapado como consecuencia do accidente, para que puidera ser atendido polo persoal sanitario. A continuación, neutralizaron a tensión eléctrica dunha farola contra a que batera o turismo accidentado, polo perigo que supoñía.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil, do GRUMIR e persoal sanitario. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar