Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico con atrapados na parroquia de Santa Sabiña, no Concello de Santa

Accidente de tráfico con atrapados na parroquia de Santa Sabiña, no Concello de Santa Comba

Accidente de tráfico con atrapados na parroquia de Santa Sabiña, no Concello de Santa Comba

     Santa Comba.-02/04/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Xallas-A Barcala excarceraron unha persoa atrapada como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido na parroquia de Santa Sabiña, no termo municipal de Santa Comba.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo envorcado lateralmente e cunha persoa atrapada polo mesmo. A súa intervención consistiu en liberar á vítima e na limpeza da estrada dos restos do automóbil.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e un vehículo autobrazo. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Garda Civil, da Garda Civil de Tráfico, do GRUMIR e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar