Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Incendio nunha vivenda da rúa Outeiro, no Concello de San Sadurniño

Incendio nunha vivenda da rúa Outeiro, no Concello de San Sadurniño

Incendio nunha vivenda na rúa Outeiro, no Concello de San Sadurniño

     San Sadurniño.-13/03/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Eume interviñeron nun incendio nunha vivenda situada na rúa Outeiro, no termo municipal de San Sadurniño.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que o lume xa fora extinguido polo propietario do inmoble. O incendio producírase na cociña, ardendo a campá extractora e as lacenas da mesma. Como medida preventiva, inspeccionaron o local, detectando alta temperatura coa cámara térmica na campá extractora. A súa intervención consistiu en extraer o motor da mesma, para evitar unha nova ignición.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e un vehículo autobrazo. Unha vez finalizado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar