Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Despréndese o tellado dunha vivenda na rúa Campo da Cruz nº 1, en Carnoedo, Sada

Despréndese o tellado dunha vivenda na rúa Campo da Cruz nº 1, en Carnoedo, Sada

Despréndese o tellado dunha vivenda na rúa Campo da Cruz nº 1, en Carnoedo, Sada

     Sada.-20/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos interviñeron como consecuencia do desprendemento do tellado dunha vivenda situada na rúa Campo da Cruz nº 1, na parroquia de Carnoedo, no termo municipal de Sada.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, comprobaron que os restos do tellado atopábanse sobre o teito dunha bodega anexa e esparexidos polo chan. Na parte superior do inmoble, o falso teito de madeira quedara ó descuberto, con consecuente risco de anegamento, polo que se lle avisou á propietaria da necesidade de desaloxar o local mentres non se repararan os danos.

     Ata o lugar desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e un vehículo autoescaleira. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local e do S.M.P.C. de Sada. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.

   


enviar a un amigo Enviar