Carballo.-17/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron nun accidente de tráfico acontecido na estrada C.P. 1909, á altura da parroquia de Bértoa, no Concello de Carballo.
Protección Civil deu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do sinistro, atopáronse cun automóbil envorcado entre a beirarrúa e a estrada. No interior do vehículo viaxaban cinco persoas circulando en dirección a Carballo. O condutor perdeu o control e saíuse da vía. Afortunadamente, no accidente no houbo feridos graves, aínda que os ocupantes do auto foron trasladados ó centro médico. O labor dos bombeiros consistiu na limpeza da estrada dos restos do vehículo.
Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil e Voluntarios de Protección Civil. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.