Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Dúas persoas resultan feridas como consecuencia dun accidente de tráfico no lugar de R

Dúas persoas resultan feridas como consecuencia dun accidente de tráfico no lugar de Rianxiño, no municipio de Rianxo

Dúas persoas resultan feridas como consecuencia dun accidente de tráfico no lugar de Rianxiño, no municipio de Rianxo

     Rianxo.-05/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza participaron na excarceración dunha persoa atrapada e no rescate doutra como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido no termo municipal de Rianxo.

     A Policía Local de Rianxo deu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do sinistro, atopáronse co condutor dun dos vehículos atrapado polas pernas. A súa intervención consistiu en liberar á vítima, que foi traslada de urxencia ó Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (C.H.U.S.) con carácter grave. Deseguido, axudaron a evacuar ó segundo ferido, trasladándoo á ambulancia. Feito o informe pola Unidade de Atestados de Tráfico, limparon a estrada de restos de cristais, plásticos e aceite.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse dotacións do Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros de Protección Civil, un médico e unha enfermeira do P.A.C. de Rianxo e efectivos da Unidade de Atestados de Tráfico. Unha vez rematado o servizo, regresaron ás súas bases, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar