Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha vivenda no Concello das Somozas

Extinguido un incendio nunha vivenda no Concello das Somozas

Extinguido un incendio nunha vivenda no Concello das Somozas

     As Somozas.-17/01/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros Comarcal do Eume extinguiron un incendio nunha vivenda no Concello das Somozas.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio nunha casa na que a estructura interna estaba construida con madeira. O lume propagárase por todo o inmoble e o seu labor consistiu en sufocar o incendio.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Valdoviño, do GRUMIR das Pontes e unha cuadrilla de obras das Somozas. Unha vez rematado o servicio, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar