Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Retirada dun poste da luz por perigo de caída na parroquia de Vilabella, no Concello de As Po

Retirada dun poste da luz por perigo de caída na parroquia de Vilabella, no Concello de As Pontes

Retirada dun poste da luz por perigo de caída na parroquia de Vilabella, no Concello de As Pontes

     As Pontes.-07/01/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de As Pontes derribaron un poste da luz por perigo de caída en Saa, na parroquia de Vilabella, no Concello de As Pontes.

     O Centro de Atención de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, atopáronse cun poste a medio instalar, sen conexión á liña eléctrica e cunha base pouco firme. Ante tal situación, confirmándolles a inestabilidade do mesmo un operario de Unión Fenosa, solicitaron a presencia da Policía Local para cortar o tráfico da estrada e derribaron o poste cortándoo cunha radial.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Unha vez rematado o servizo regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar