Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio no local da sede do PSOE, na localidade coruñesa de Betanzos

Extinguido un incendio no local da sede do PSOE, na localidade coruñesa de Betanzos

Extinguido un incendio no local da sede do PSOE na localidade Coruñesa de Betanzos

     Betanzos.-04/01/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos participaron na extinción dun incendio no local da sede do PSOE, situado na rúa Venezuela, no Concello de Betanzos.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó punto, atopáronse cun baixo cun burato nunha fiestra e cheo de fume. Membros da Policía Local indicáronlles que sufocaran o incendio coa axuda dun extintor, polo que procederon a facer unha revisión e ventilación do local. Depois de asegurarse de que non existía risco de reignición, precintaron o recinto.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Policía Local, da Garda Civil e do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar