Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > A AXEGA pon en marcha un proxecto de xestión de emerxencias móbil pioneiro en Espa&nti

A AXEGA pon en marcha un proxecto de xestión de emerxencias móbil pioneiro en España

Xestión de emerxencias móbil

  • Implantarase, en fase de probas, nos 18 parques de bombeiros pertencentes aos diferentes consorcios que operan en Galicia
  • Permite a conectividade permanente co 112 dos distintos grupos de intervención dende o propio lugar do sinistro e facilita a toma de decisións en tempo real

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) está a desenvolver un proxecto de xestión de emerxencias por tecnoloxía móbil que se vai implantar, en fase de probas, nos 18 parques de bombeiros pertencentes aos diferentes consorcios que operan en Galicia. O proxecto, denominado “EGA-Móbil” (Emerxencias Galicia Móbil), é un sistema pioneiro no conxunto do Estado, que permite a conectividade permanente co CAE- 112 Galicia dos distintos grupos de intervención dende o propio lugar do sinistro.

Neste sentido, este sistema de tecnoloxía móbil permite aos efectivos de emerxencias poderán enviar anotacións, imaxes e documentos ao CAE -112 e á inversa en tempo real, a través do uso dunha serie de PDA´S especiais, que irán situadas nos propios vehículos de emerxencias (Bombeiros, Protección Civil, Grumires, etc.). Deste xeito, mellorará a calidade da información que permita a toma de decisións en tempo real tanto no CAE-112 como no propio escenario dos incidentes.

Para dar a coñecer a iniciativa, o pasado xoves 29 de abril tivo lugar na sede administrativa da Axencia Galega de Emerxencias, unha xornada técnica de presentación e formación do proxecto EGA-Móbil, á cal asistiron uns 50 mandos de bombeiros pertencentes aos 10 parques do Consorcio Contraincendios e Salvamento da Provincia da Coruña.

Ademais, está previsto que o próxima xoves día 6 de maio, ás 11.00 horas, teña lugar unha nova xornada técnica, esta vez destinada aos mandos dos bombeiros dos parques de bombeiros do Consorcio Comarcal do Deza e Tabeirós-Montes, do Consorcio Comarcal de Valdeorras, do Consorcio Comarcal de Verín, do Consorcio Comarcal da Limia, do Consorcio Comarcal de Baixo Miño-Condado-Louriña, do Consorcio Comarcal do Salnés e do Consorcio Comarcal do Morrazo.

As funcionalidades máis destacadas deste anovador sistema son o acceso á información das incidencias activas do operador remoto de conexión ao CAE112 que xa operan nos servizos de emerxencia de Galicia; a asociación automática de fotografías ao incidente; a recepción de avisos personalizados; a posibilidade de acceder a todo tipo de documentos e a xestión de mensaxes de estatus.

Outra das principais vantaxes deste sistema é a xestión GPS. Facendo uso do SDK de TomTom Navigator, EGA Móbil obtén a información de posicionamento que lle vai a permitir levar a cabo as seguintes operacións: creación automática de ruta ata a ubicación do incidente -incluso de xeito estendido-; substitución da ubicación xeográfica do incidente pola localización actual do dispositivo; control de flotas –o dispositivo envía datos de posición, velocidade, etc. para estar localizado en todo momento- e o cálculo de tempos de chegada e distancias.

 

Listaxe de ligazóns


enviar a un amigo Enviar