Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > VII Xornadas Nacionais

VII Xornadas Nacionais

Un momento das Xornadas no salón de Grados do Centro Educativo de Cheste

Durante os días 24 e 25 do mes de Abril, tivo lugar no Centro Educativo da localidade de Cheste en Valencia, as VII Xornadas Nacionais da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil do Estado Español (ANAV), organizadas por esta Asociación. Nas devanditas Xornadas contouse como relatores coa participación do Conseller de Interior da Generalitat Valenciana (Que inagurou as Xornadas), representante da Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio de Interior, Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), no devandito relatorio deuse lectura ao documento enviado pola FEMP coas liñas de actuación e liñas estratéxicas de traballo en materia de Protección Civil, liñas xerais e reivindicacións concretas na materia. Directora Xeral de Prevención , Extinción de Incendios e Emerxencias da Generalitat Valenciana, Director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Presidente da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros de España (APTB) e Presidente da ONG Intervención; Axuda e Rescate entre outros.

Desenvolvéronse talleres de traballo de asistencia en accidentes de tráfico, procura de desaparecidos ante grandes emerxencias, talleres de desfibrilación semiautomática e prácticas conxuntas entre o Grupo de Rescate Subacuático da Rexión de Murcia e a Unidade Militar de Emerxencias, así como intercambios culturais e probas deportivas entre os asistentes.

As Xornadas contaron cunha participación de máis de 500 persoas, representando estas a comunidades autónomas como Galicia, País Vasco, Navarra, Aragón, Cataluña, Castela e León, Madrid, Castela A Mancha, Andalucía, Estremadura, Rexión de Murcia, Comunidade Valenciana e Canarias entre outras Comunidades Autónomas.


enviar a un amigo Enviar