Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > A choiva caída durante o día provoca varias inundacións en Santa Comba

A choiva caída durante o día provoca varias inundacións en Santa Comba

A choiva caída durante o día provoca varias inundacións en Santa Comba

Santa Comba.-13/11/2010 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Santa Comba, interviñeron nas parroquias de Santa Catalina e Santa Comba, onde a auga caída provocou a inundación dun bar, dous garaxes e un baixo. A primeira mobilización tivo lugar en Santa Comba, na Avda. do Brasil nº 44. A actuación dos bombeiros consistiu, en tódolos sucesos, en verificar que non había persoas afectadas e no achique da auga, empregando electrobombas nalgúns casos. Unha vez rematadas as intervencións, os bombeiros retiráronse do lugar.


enviar a un amigo Enviar