Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.com
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico na parroquia de Entrecruces, no Concello de Carballo

Accidente de tráfico na parroquia de Entrecruces, no Concello de Carballo

Accidente de tráfico na parroquia de Entrecruces, no Concello de Carballo

      Carballo.-07/03/2014 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido no lugar de Casaldres, na AC-1914, á altura da parroquia de Entrecruces, no termo municipal de Carballo.

     O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso, e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro atopáronse cunha colisión fronto-lateral con dous vehículos implicados, sen que houbese atrapados dentro dos vehículos. O seu labor consitiu na colaboración cos medios sanitarios na atención ós feridos e na limpeza da estrada dos restos dos automóbiles.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e furgón de servizos varios. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil, do 061 e do SMPC de Carballo. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.



enviar a un amigo Enviar