Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Rescate dunha persoa na nave de reciclaxe de Coregal, en Boiro

Rescate dunha persoa na nave de reciclaxe de Coregal, en Boiro

Rescate dunha persoa na nave de reciclaxe de Coregal, en Boiro

     Boiro.-22/01/2014 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza interviñeron como consecuencia dunha persoa que estaba atrapada debaixo dunhas pacas de cartón prensado na empresa Coregal, no Polígono de Espiñeira, no termo municipal de Boiro.

    O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso, e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do accidente, atopáronse cunha persoa ferida en estado grave, con perigo de producirse un novo derrubamento. O seu labor consistiu no rescate do ferido e no seu traslado á ambulancia.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse o sarxento xefe de parque, un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba nodriza, furgón de servizos varios e o vehículo de mando. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil, Policía Local, 061, SMPC e PAC de Boiro, xunto co H-3 e persoal da Policía Xudicial de Noia. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar