Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Explosión nunha vivenda no Concello de As Pontes

Explosión nunha vivenda no Concello de As Pontes

Explosión nunha vivenda no Concello de As Pontes

      As Pontes.-14/11/2013 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Eume interviñeron como consecuencia dunha explosión no interior dunha vivenda, acontecida na parroquia de As Pontes de García Rodríguez, no Concello de As Pontes.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse con que desaparecera por completo a fachada exterior dun segundo piso, acabando afectado todo o perímetro circundante polos restos da explosión. Tamén observaron que parte do mobiliario do piso afectado estaba ardendo.

     O seu labor consistiu na adopción de medidas preventivas e de seguridade e na colaboración nas tarefas de limpeza dos restos do inmoble.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e autoescaleira. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local de As Pontes, da Garda Civil de Cedeira, persoal do 061 e Voluntarios de Protección Civil de As Pontes.


enviar a un amigo Enviar