Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio en varios vehículos na parroquia de Sofán, no Concello de Carba

Extinguido un incendio en varios vehículos na parroquia de Sofán, no Concello de Carballo

Extinguido un incendio en varios vehículos na parroquia de Sofán, no Concello de Carballo

     Carballo.-16/06/2013 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños extinguiron un incendio en cinco automóbiles que estaban a arder na estrada, preto da capela de San Adrián, no termo municipal de Carballo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio en cinco vehículos, catro deles estacionados e un no medio da estrada. O seu labor consistiu en sufocar o lume e na limpeza da estrada dos restos dos automóbiles. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil e do SMPC de Carballo. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar