Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.com
Estás en: Inicio > Novas > Entrega de 8 vehículos de emerxencias novos no Consorcio Provincial Contraincendios e Salvame

Entrega de 8 vehículos de emerxencias novos no Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña

Entrega de 8 vehículos de emerxencias novos no Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña

      Carballo.-14/03/2013  O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña fixo entrega de oito novos vehículos, que serán destinados ós parques de bombeiros de Arteixo, Betanzos, Boiro e Carballo; catro pick up Nissan Navara que se empregarán como vehículos de mando e como apoio nas intervencións para levar material ou desprazar persoal e catro furgóns de servizos varios, marca Mercedes Sprinter, que se usarán en actuacións curtas e rápidas, como incendios de vehículos, en colectores, rescate de persoas atrapadas ou en pequenos incendios.

     O Presidente da Deputación, Diego Calvo, e o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañados de Santiago Villanueva, Director Xeral de Emerxencias e Interior e José Luis Barca, Xerente do Consorcio, foron os encargados de realizar a entrega, que se fixo en Carballo.

     Os vehículos repartiranse entre catro parques de bombeiros: Arteixo, Betanzos, Boiro e Carballo, que son os de maior actividade, xa que asumen tres de cada catro intervencións na Provincia. Cada parque recibirá un vehículo de mando e un furgón de servizos varios.

     O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña conta con dez parques comarcais ubicados en Arteixo, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Boiro, Carballo, Cee, Ordes, Ribeira e Santa Comba. Ademais, ten cedidos catro vehículos ós concellos de Curtis, Muros, Ortigueira e Camariñas debido a que estas son as localidades que teñen máis de 20 minutos de resposta ó parque máis cercano.


enviar a un amigo Enviar