Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.com
Estás en: Inicio > Novas > Retirada dunha árbore que caera sobre a estrada na Parroquia de Taragoña, no Concello

Retirada dunha árbore que caera sobre a estrada na Parroquia de Taragoña, no Concello de Rianxo

Retirada dunha árbore que caera sobre a estrada na Parroquia de Taragoña, no Concello de Rianxo

     Rianxo.-09/10/2012 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza interviñeron como consecuencia dunha árbore que caera sobre a estrada, na Parroquia de Taragoña, no termo municipal de Rianxo.

     A Policía Local de Rianxo deu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse coa árbore, que ocupaba a metade da estrada. O seu labor consistiu en cortala cunha motoserra, para a continuación retirala onde non dificultara a circulación.

     Ata o lugar desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Policía Local de Rianxo. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.



enviar a un amigo Enviar