Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Retirada de cascotes nunha cornixa na rúa Camiño Novo nº 4, no Concello de Carbal

Retirada de cascotes nunha cornixa na rúa Camiño Novo nº 4, no Concello de Carballo

Retirada de cascotes nunha cornixa na rúa Camiño Novo nº 4, no Concello de Carballo

     Carballo.-10/09/2012 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dunha cornixa que estaba a piques de desprenderse, na rúa Camiño Novo nº 4, no termo municipal de Carballo.

     Unha vez recibido o aviso, mobilizáronse os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun edificio bastante deteriorado, cuberto cunha lona para evitar o desprendemento de cascallos, pero cun cascote de grandes dimensións nun lateral a piques de caer. O seu labor consistiu na retirada dos cascallos con risco de caída e na revisión da fachada, para evitar calquera desprendemento.

     Ata o lugar desprazáronse un sarxento xefe de parque, un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e autoescaleira. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Policía Local de Carballo. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar