Boiro.-24/05/2012 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Bealo, no termo municipal de Boiro.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse un vehículo accidentado, atravesado no medio da estrada e sen ninguén dentro. O condutor atopábase fóra do auto, sentado nun muro, e apreciábaselle unha ferida na cabeza. O seu labor consistiu na adopción das medidas preventivas e de seguridade oportunas e na limpeza da estrada dos restos do accidente.
Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil e persoal da Garda Civil de Tráfico. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necearios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.