Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico acontecido na parroquia de Salgueiros, no concello de Dumbría

Accidente de tráfico acontecido na parroquia de Salgueiros, no concello de Dumbría

Accidente de tráfico acontecido na parroquia de Salgueiros, no concello de Dumbría

     Dumbría.-21/11/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros da Costa da Morte interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Salgueiros, no termo municipal de Dumbría.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo que se saíra da vía, cunha persoa atrapada no seu interior. O seu labor consistiu en liberala, para que puidera ser atendida polo persoal sanitario e na limpeza da estrada dos restos dos accidente.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e autoescada. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Corcubión, Voluntarios de Protección Civil de Dumbría e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar